Viaxar sempre é unha boa idea e se San Valentín nos serve de excusa para facelo, mira que ben! As viaxes rescátannos da rutina, dannos oportunidade de ver, coñecer e experimentar cousas novas.
Case sempre resultan enriquecedoras e gratificantes, máis aínda se nos acompañamos dunha persoa especial. Entón poden xerar lembranzas que por moitos anos serán alleas ó paso do tempo.
Unha pequena escapada pode ser inesquecible.
Pero non sempre ha de tratarse de grandes viaxes nin de lonxanos destinos para convertérense en grandes experiencias. Ás veces unha pequena escapada de fin de semana pode ser inesquecible.
Cómo facer do día de San Valentín unha ocasión especial.
Nas seguintes liñas imos contarche como facer do día de San Valentín unha ocasión especial sen ter que poñer nin tanta terra de por medio nin deixar os petos baleiros, sobre todo, recén remontada a costa de xaneiro. Podes tomar nota:
1) VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL): 80 euros.
Atlas Viaxes formula esta proposta que inclúe unha xornada (do 13 ó 14 de febreiro) no Hotel Minho, de catro estrelas, en Vila Nova de Cerveira, fermosa vila da raia portuguesa, a pouco máis dunha hora en coche de Ourense.
Chegados a destino, a parella pode instalarse nunha habitación dobre que os recibe con cava e bombóns. Despois é posible gozar do Circuito Spa nas instalacións do complexo, que inclúen piscina interior con chorros cervicais, jacuzzi, sauna, baño turco e ducha de sensacións.
Trala sesión de relax o hotel terá preparada unha cea romántica cunha selección especial de bebidas.
Á mañá seguinte os namorados poden percorrer as rúas desta pequena e pintoresca poboación nun romántico paseo á beira do río Miño, dende o que contemplar a outra marxe galega, e deleitarse polas rúas empedradas coa singular arquitectura da vila, que sorprenderá ó viaxeiro con tallas relixiosas que se insiren na arquitectura a pé de rúa.
Ademáis destes encantos, a poboación conta cun comercio moi activo, cheo de produtos artesáns. Por engadidura, o domingo celebran un gran mercadiño moi, moi surtido.
As parellas máis golosas non deben deixar de probar os típicos pasteis de Belem, que poden adquirir nalgunha das panadarías das rúas adxancentes á praza principal. Son unha auténtica delicia.
2) PENAFIEL (PORTUGAL): 100 euros.
De novo, Atlas Viaxes decántase polo país veciño para organizar esta escapada romántica á localidade lusa de Penafiel, que inclúe unha noite no hotel de catro estrelas Penafiel Park Hotel & Spa, con acceso gratuito ao circuito de spa.
A habitación deste hotel recibirá ós namorados cunha decoración romántica preparada para a ocasión. A cea servirase durante unha velada á luz das velas amenizada con melodías acústicas.
A localidade de Penafiel inscríbese no chamado Val do Sousa, moi rico en patrimonio artístico. Desta zona xeográfica do norte de Portugal destaca a chamada Rota do Románico, polo que a ocasión preséntase perfecta para visitar algunha das súas xoias.
3) UNHA NOITE ROMÁNTICA EN PARADORES: 99 euros.
Viaxes Compostela lémbranos dende a súa web que os namorados poden gozar dunha noite romántica, a elexir entre calquera do mes de febreiro, en paradores salpicados ó longo da xeografía galega e do resto de España.
O programa resulta moi recomendable para os amantes de edificios de singular valor artístico e patrimonial. Paradores deseñou unha estancia en clave romántica na que reciben ós namorados cun exquisito aperitivo de xamón ibérico e unha botella de viño.
Durante a estancia o Parador prestará un tratamento VIP e servizo personalizado de aloxamento e agasallarán os namorados cunha botella de cava acompañada de fresas ou chocolate. O día da despedida ofrecerán un almorzo á parella e unha saída «sen presas» do establecemento.
Se sodes unha parella con especial predileción por lugares con encanto rodeados de historia, por 99 euros están dispoñibles os seguintes destinos:
EN GALICIA
Verín
O Parador atópase na ladeira que ascende ó Castelo de Monterrei, baixo a súa atenta mirada, en terras de Verín. Este erá o enclave perfecto, se ademáis o facedes coincidir coas festividades do Entroido.
Ferrol
Nesta cidade departamental podedes gozar dun precioso paseo polas súas rúas, que acumulan importantes exemplos de arquitectura modernista.
Ribadeo
Onde ademais dunha noite romántica as casas de estilo indiano e a gastronomía cautivarán os namorados.
Tui
Especial encanto ten o seu casco histórico culminado pola catedral, así como o paseo fluvial do Miño cruzado pola Ponte Internacional deseñada por Eiffel.
Vilalba
En plena capital da Terra Chá e a patria do queixo San Simón, para amantes da gastronomía máis tipicamente galega.
Valora este post: