Hermanos Barros é unha firma que vai camiño do medio século de existencia en Ourense. Está adicada á venda de alfombras e textil do fogar. Nos últimos meses, tamén a roupa, calzado e accesorios.
Conta con dúas grandes tendas abertas ó público na cidade: no número 13 da Rúa San Miguel e, un pouco máis adiante, no número 9 da Rúa Lamas Carvajal. Ámbalas dúas atópanse no decorrer desa longa arteria que comunica dous puntos neurálxicos da cidade: o Parque de San Lázaro e a Praza Maior.
Hermanos Barros 30 anos dun negocio local de tradición familiar.
É Miguel Quintas quen dende hai preto de 30 anos se ocupa dun negocio local de tradición familiar que hoxe emprega a 18 persoas. O negocio, iniciado polos seus tíos Paco e Suso Barros, canda seu pai, Miguel Quintas, mantén o mesmo sector de actividade co que empezaron como respresentantes e viaxantes comerciais: as alfombras, nas que foron especializándose ano tras ano.
Hermanos Barros especialistas en Alfombras.
Por iso non é de extrañar que Hermanos Barros sexa a primeira opción que acode á cabeza de moitos ourensáns cando pensan mercar ou renovar as alfombras.
A gama que encontramos é cáse ilimitada en canto a prezos, calidades, tecidos e dimensións. No establecemento de Lamas Carvajal vémolas dende confeccionadas con económicos acrílicos ata outras de exclusiva factura procedentes de Irán, Paquistán ou Nepal, «nunca de instalacións onde exista explotación laboral infantil«, preocúpase de subliñar Miguel.
Os deseños tamén son moi variados: con coridas mancha, lisos, patróns xeométricos e tradicionais. Hainas elaboradas en pelo e tamén en tecidos confeccionados en base a outras fibras ou materias primas vexetais, como o bambú, o sisal ou o iute. Tamén vinílicas.
A tendencia inclínase cara estas últimas, xa que, segundo apunta Miguel, «son prácticas e fáciles de limpar, tanto a man como con robot. As de pelo son máis traballosas neste aspecto, pero pola contra axudan a illar térmicamente a casa e conservar a calor».
Para Miguel as alfombras non só son artigos de venda nas súas tendas, senón que supoñen unha chea de lembrazas canda seu pai, xunto o que percorría en coche parte da xeografía española como viaxante, ou cando de madrugada descargaban camións fronte ós almacéns cos que empezaron os Barros no barrio do Couto procedentes de Crevillente, localidade preto de Alicante, recoñecida pola importante industria alfombreira, que lle valeu o alcume de «cidade da alfombra».
En 2015 hermanos barros amplia os seu catálogo de produtos ao sector da roupa, calzado e complementos.
Neste mesmo establecemento de Lamas Carvajal, ampliaron a actividade en 2015 a un novo sector: roupa, calzado e complementos, cun importante reclamo:tendencia e bo prezo unidos. Todas as pezas comercialízanse a 10 e 20 euros, informa Miguel, «pero asegurándonos de que estean ben confeccionadas», establece.
Mentres, na tenda de San Miguel o produto estrela é a roupa de cama e fogar, como sabas, colchas, edredóns, boutis, nórdicos, mantas, toallas ou panos, entre outros. Tamén abranguen un amplo abano de posibilidades, adaptadas a prezos e calidades, dende plumóns de calidade premium ata fibras sintéticas.
Comercialmente, Hermanos Barros saboreu as meles dun tempo propicio para o negocio local. Miguel lembra á xente facendo cola ás portas do seu establecemento e mesmo ter que baixar as persianas, por estar desbordado de clientes durante a chamada «locura de febrero«, campaña de rebaixas argallada polos almacéns, da que moitos ourensáns se lembran.
Consciente de que a situación actual non permite reproducir fenómenos semellantes, Miguel atopa satisfacción na fidelidade que moitos clientes lle amosan. Mesmo, algún que xa non reside na cidade lle ten feito ir colocar as alfombras a Madrid, conta con orgullo.
Valora este post: