¿Medo escénico…? ¿quen dixo medo escénico? Esta é a pregunta coa que Marián Moreiras de Miss Philippa espanta os temores de calquera clienta que franquee a porta do seu establecemento, situado no primeiro andar das Galerías do Parque de San Lázaro, en busca do toque definitivo para o seu look de cerimonia, pero que nunca se animaron, por vergoña, cun «tocado».
Di Marián que «ningunha das miñas clientas se ten arrepentido por tomar a decisión de lucir un». E engade: «Podo asegurar que, tras apostar por un tocado, a realidade sempre supera as expectativas de éxito».
Unha década de tocados de creación propia.
Marián, leva, aproximadamente, unha década confeccionando tocados de creación propia que comercializa co nome Marian de Mô, polo que moitos a coñecerán na cidade, e agora tamén como Miss Philippa.
O proceso, explica a creadora, é «delicado e minucioso» porque un tocado «nunca pode ter faio ningún no remate e moito menos, vérense», sobre todo, se pensamos que a vistosidade destes complementos soe acaparar o centro de tódalas olladas.
Ademáis, han de estar elaborados coa idea de acompañarnos durante varias horas de celebración e festexo sen pausa. O desexable non é só que sobreviva á formalidade requerida na igrexa, no concello ou no xulgado, por poñer un exemplo, senón tamén ó frenesí con que en determinado punto da celebración nos entregamos á conga e ó limbo, se se presenta a ocasión.
O uso dos tocados foi xeralizándose como complemento.
Xa hai uns anos que os tocados non só coroan as cabezas máis aristocráticas ou que saltaron os muros do hipódromo de Ascot, cuxas carreiras son un acontecemento coñecido a nivel mundial pola extravagancia destes complementos e sombreiros.
O uso dos tocados foi xeralizándose como complemento habitual nas cerimonias ás que imos convidados. O tocado, mesmo se planta nos streetstyles máis actuais, iso sí, en formatos e tamaños máis discretos como diademas XL, pequenas coroas de flores, bandeaux, turbantes ou primaverais canotiers con algun adorno floral.
E de cando en vez, tamén se ve algúnha pamela. Marián confirma que o tocado chegou para quedarse, pois asegura que a demanda dos que fabrica artesanalmente «ten medrado progresivamente, ano a ano».
As alternativas cada vez son maiores: diademas de flores, pamelas ou ás de pamela, os casquetes, as bandas tipo charleston, os turbantes…Miss Philippa usa diversos materiais para a súa confección como plumas, telas para flores, sinamay, crin, palla natural, veos, tules…
Consejos para el uso de tocados en ceremonias.
¿Qué debemos ter en conta se finalmente nos animamos a levar un tocado na vindeira cerimonia á que acudamos? Marián non se resiste a darnos un par de útiles consellos:
–Primeiro: Para que resulte favorecedor, cómpre levalo sempre «un chisco» ladeado.
–Segundo: Aposta pola diadema, no canto de calquera outro sistema de suxección ó cabelo, pois aporta comodidade e seguridade.
Continúa a buscar inspiración na seguinte galería de imaxes dos tocados de Miss Philippa.
Fotógrafa, apasionada de la historia del arte y la moda. A veces me transformo, cojo mi guitarra y canto canciones de Queen.
Correo electrónico
Fotógrafa en proyecto, amante del cine y las series. Tengo sueños que, poco a poco, voy convirtiendo en realidad. Pizza is my bae.
Correo electrónico
Valora este post: