Ashley Graham e Tara Lynn son dúas top model que representan un paradigma do «movimento curvy«, aquel que reclama á industria, ás marcas e ás tendas a realización e disposición de prendas con máis talla.
Ámbalas dúas acadaron éxito e recoñecemento mundial nas súas carreiras como modelos, pero a xulgar polas súas bios e testemuñas, de xeito diferente.
A primeira fixo historia no mundo da moda tras ser a primeira top plus size en aparecer na revista Sports Illustrated como protagonista dun anuncio do especial de baño do ano pasado nesta publicación. Ós 13 anos asinou un contrato de modelo cunha axencia internacional e tivo unha carreira imparable que a levou a acaparar páxinas de revistas como Elle, Vogue ou Haper’s Bazaar.
Na actualidade é convidada en moitos foros para falar sobre físico, autoaceptación e empoderamento feminino. Ademáis é cofundadora de ALDA,un colectivo de modelos que promove un concepto de beleza máis alá da talla e dos convencionalismos da industria da moda.
A segunda, antes de acadar o trunfo personal e social, tivo que transitar polo camiño da bulra a conta do seu corpo. Nunha entrevista de Borja Bas publicada en El País Semanal, a modelo aseverou: «Crecín sentíndome unha muller grande e acomplexada e hoxe trunfei grazas ó meu físico», xa que tamén paseou e pasea o seu corpazo polas páxinas de Vogue, Elle, Glamour…
Tara Lynn e Asheley Graham, primeira e segunda pola dereita, respectivamente.
Elena Devesa, cofundadora de WeLoverSize, o máis exitoso blog de moda curvy de España, aseguraba nunha entrevista para a revista Woman que: «Non se trata de avogar pola obesidade nin de dicirlle á xente que agora o que mola é estar gordo, senón de intentar promover que hai moitos tipos de corpo e que todos son estupendos».
Quéixase Elena, nesa entrevista, de que «a industria téxtil española, en xeral, non aposta por unha talla máis alá da 42» e de que «a variedade é mínima e os deseños son de señora maior», polo que a compra en internet se postula como a mellor alternativa. Parece ser certo. En cidades como a nosa, tamén.
Komodamoda, moda feminina orientada a tallas grandes, ata a 70
Aínda así, en Ourense existe unha pequeña illa chamada Komodamoda, no número 13 da rúa Bedoya, onde as curvies poden buscar e atopar o que precisan, grazas á iniciativa de Encarna Barbosa, a propietaria desta tenda de moda feminina orientada a tallas grandes, ata a 70 (sí, esta talla existe e a xente que a precisa tamén e tamén quere vestir e facelo «á moda»).
Precisamente foi a falta de alternativas á hora de atopar roupa coa que vestirse ela mesma o que motivou a Encarna a abrir este negocio hai dez anos na capital das Burgas. «Como clienta sempre toleei buscando talla», asegura Encarna.
Cunha década de experiencia en Komodamoda, a súa propietaria admite que as características do seu negocio non son as dunha tenda de roupa ó uso. Un día de tendas pode ser moi gratificante ou converterse nun auténtico pesadelo, como lle acontece a moitas persoas de talla grande para as que unha «tarde de shopping» é só fonte de frustración.
Encarna gasta humor (ás veces ácido) para enfrontar a desesperanza de «quen cre que xa non hai nada para ela; quen chora minutos e minutos no probador; quen leva a roupa a casa a probar por vergoña; quen non se deixa vestir con cores distintas ó negro, marrón ou azul escuro, por medo a que delaten «de máis» as súas curvas».
Encarna tivo que lidiar con estas situacións, pero tamén asegura que a súa tenda lle aporta moitas satisfaccións, como as grandes amizades que ten trabado con moitas das súas clientas, ver cubertas as necesidades da xente e o orgullo por poñer outro grao de area na construción dunha sociedade máis tolerante con todo tipo de físicos.
Encarna, tralo mostrador de Komodamoda; as topsmodels Tara e Ashlye dende as portadas das máis importantes revistas de moda; Elena Devesa e Rebeca Gómez dende o seu blog; son só algúns dos exemplos e fontes de inspiración na loita contra todo tipo de complexos polo físico, alimentados dende dentro dun mesmo ou dende afora, e contra a visión estereotipada das persoas.
Looks que pretende resaltar a beleza máis alá da talla.
Á causa tamén se suma Belén Rigüela, unha moza estudante do Grao de Enxeñería Agraria que se imparte no campus de Ourense e que se prestou a colaborar con MaisTendencia para lucir os looks que ilustran este post, que pretende resaltar a beleza máis alá da talla e dar a coñecer as alternativas de moda que ofrece o comercio local do centro urbano de Ourense para as persoas que non se axustan a un falso stándar.
As estudantes de fotografía Jennifer Novoa e Celia Rodríguez foron as artífices das instantáneas e da composición destes catro looks modernos, xuvenís e de tendencia que loce Belén nesta entrada e que foron conformados coas prendas de Komodamoda sobre unha paleta de cores predominantemente azul (dise que esta cor simboliza a seguridade), xunto cos complementos de TrendTantra e o peiteado e maquillaxe de Paris Diffusion.
Ademáis dun bo traballo, pasárono moi ben, e delo deixan constancia neste making-of, montado e editado por Celia Rodríguez, que tamén podedes atopar na canle de Youtube de Centro Comercial Aberto Ourense Centro.
Se te apetece, segue a ver máis imaxes dos looks na seguinte galería:
Fotógrafa, apasionada de la historia del arte y la moda. A veces me transformo, cojo mi guitarra y canto canciones de Queen.
Correo electrónico
Fotógrafa en proyecto, amante del cine y las series. Tengo sueños que, poco a poco, voy convirtiendo en realidad. Pizza is my bae.
Correo electrónico
Valora este post:
Un comentario en “Moda curvy, tamén en Ourense”