Estás en MaisTendencia » Moda, Ocio » ¿Queres ser modelo de MaisTendencia? Só precisas ter ganas
Lookbook de estilo texano por Jennifer Novoa

¿Queres ser modelo de MaisTendencia? Só precisas ter ganas

MaisTendencia, nado a iniciativa do Centro Comercial Aberto Ourense Centro está a buscar persoas de todas as idades, sexos e complexións físicas ás que lles gustaría deixarse retratar coas prendas e complementos das últimas coleccións á venda nas tendas que forman parte do pequeno comercio do centro urbán de Ourense e que integran a asociación.

As fotos, que se realizarán en distintos escenarios, exteriores ou de estudo, servirán para ilustrar as informacións sobre moda e tendencia que periódicamente publica este blog.

Requisitos para participar

Se xa che mordeu algo a curiosidade e te estás a preguntar que requisitos se necesitan, agora cho explicamos:

Simplemente, as ganas de participar de xente real, de persoas coma tí, nin máis nin menos. Porque cada un de vós, sexa o xénero, aspecto e complexión que teñades, conformades o amplo abano de xente á que se dirixe o noso comercio local. A singularidade de cada un e a pluralidade de todos forman parte dos valores que representa Centro Comercial Aberto Ourense Centro e por iso a participación é aberta a todos.

Modelos tallas grandes

En particular, estamos pensando facer un especial de moda de tallas grandes, co obxecto non só de amosar as últimas tendencias textís, senón tamén coa intención de poñer o noso pequeno grao de área á integración e á visibilización de todas as personas nun sector como o da moda, no que aínda se impoñen canons estereotipados e excluíntes de corpos e figuras. Así que se vistes ata unha talla 70 e nos queres axudar coa túa colaboración, solicítanos información.

Agasallo dun book fotográfico

A todos os modelos colaboradores se lles agasallará cun book fotográfico dixital como recordo da súa participación na iniciativa.

Nos seguintes datos de contacto obteredes toda a información necesaria para coñecer máis detalles das condicións de participación:

Datos Contacto

  • Teléfono: 988 601297
  • E-mail: info@ourensecca.com

Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (1 voto(s), media: 4,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittermail
Síguenos en: Facebooktwitter



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Acepto la política privacidad