José Ramón García (tamén Moncho) e Fernando Varela están á fronte de Varela Íntimo, un local que ocupa o número 38 da rúa Santo Domingo, onde permanecen abertos dende 1999.
Nada máis franquear a porta a sensación que transmite o local é de confort, calidez e orde. E en canto empezamos a falar con Moncho ou Fernando sabemos que imos acabar moi ben asesorados do que buscamos e convencidos, se o levamos.
Varela Íntimo definese como un pequena tenda de roupa interior masculina.
V.I. defínese como «una pequena tienda de ropa interior masculina, exclusivamente pensada para homes», segundo a súa web, que xestiona Fernando.
Baixo estas sinxela descripción recóllese a esencia dun negocio que evolucionou durante preto de 20 anos. Cando abriu Varela Íntimo conceptos como a lencería masculina e a moda íntima de cabaleiro non estaban moi desenvolvidos nin gozaban da mesma implantación que a súa vertente feminina.
As necesidades do mercado foron as que marcaron a creación dunha tenda como Varela Íntimo.
Moncho admite que «foi o mercado quen deu idea da necesidade de ofertar roupa interior de cabaleiro«. Isto xuntouse «con toda unha revolución no mundo da lencería para homes duns anos para aquí».
Durante estes anos «tratabamos de cubrir as necesidades do cliente e trasladalas ás marcas, así como adaptar esas necesidades ó que ofrecía o mercado». Por iso, dende que naceu, a evolución deste negocio familiar foi «en paralelo, ó pé das marcas comerciais», sentencia Moncho.
«O cliente tamén aprendeu con nós», apunta o dono do establecemento, pois compre decatarse que houbo toda unha xeración de homes que aprenderon a mercar a súa propia roupa interior, tras anos delegando esta tarefa nas mulleres e nais. A necesidade de atender «a un cliente masculino que elexía o que quería, como de orientar a aquel outro que aínda querendo mercar non sabía» obrigou a un proceso intenso de profesionalización da tenda.
Hoxe, gábanse, con razón, desta evolución «autodidacta» e tamén pioneira, que naceu carente de referentes semellantes na cidade, pero que no presente son quen de atenden un cliente que xa está moito mellor informado, que toma referencias por internet, revistas especializadas e publicidade.
Varela Intimo é tamén un tipo de negocio de forte personalidade. Tanto, que se atreven a ignorar todalas fórmulas de marketing que recomendan definir ata o cansanzo o tipo de cliente ó que se dirixen. «Nin perfil medio-alto, nin medio-baixo, nin clásico, nin moderno», di Moncho, quen non quere encorsetar nun nicho de mercado o cliente que atenden. «Na tenda cabe quen busca unha prenda cómoda, pois se viste por necesidade; como aqueloutro para o que a roupa interior representa un capricho, un fetiche ou mesmo un afán coleccionista».
En Varela Íntimo ofertan calidade tanto en produto como en servicio.
Iso sí, a calidade, tanto do produto como do servicio, é o referente obrigatorio á hora de situarse tralo mostrador. «Podemos considerarnos profesionais en tecidos, patróns e tendencias», aseguran. Non en balde, José Ramón e Fernando teñen investido horas comprobando os remates de costuras e cinturillas, a elasticidade e adaptabilidade dos tecidos ou a inocuidade dos tintes. «Prestamos moita atención ás tinturas preocupándonos de que sexan hipoalerxénicas, xa que non é nin a primeira nin a segunda persoa que acude á tenda trala visita ó dermatólogo», aseguran.
Texidos de alta calidade para a roupa interior de home.
Nestes casos «o fío de Escocia é o tecido natural máis recomendable que hai para xente con algún problema de pel», pero canda él, «existen outros sintéticos, que nada teñen que ver coas fibras de antano, aquelas espumas que daban grima», recorda Moncho, e constitúen estupendas alternativas para vestir por dentro, «facéndonos desterrar vellos prexuizos».
Estamos na era dos «tecidos intelixentes«, produto da investigación na carreira aeroespacial e do pulo no sector da roupa interior de inverno e deportiva, un sector no que non están á marxe os profesionais de Varela Íntimo, quen de falar de novas tendencias como a tecnoloxía Outlast, que emprega materiais de cambio de fase, que no canto de resultar quentes ou fríos controlan as condicións idóneas de humidade e calor, mantendo a temperatura corporal, cos correspondentes beneficios de saúde e comodidade.
A roupa interior é, ademáis dunha cuestión de moda, de saúde.
Estes profesionais teñen claro que «a roupa interior é, ademáis dunha cuestión de moda, de saúde», por iso recomendan confiala en mans de quen ofrece un servizo de calidade, provisto de marcas que ademáis de estilo teñen garantida a súa calidade e sanidade.
Tamén podedes visitar o seu «blog de ropa interior hombre«
Valora este post: